Descrição
Estado, poder e estruturas políticas na Gallaecia: séculos II a.C.-VIII d.C. • © 2018 Martín Fernández Calo © 2018 Blukk™ Editora Nacional • Data de publicación: 15/04/2018 • Primeira Edición • 394 Pag. • 17×2,1×24 cm • 665 g. • Libro Rústica / Capa cartonada • Galego • CDU 9 • História / Arqueologia • ISBN-13: 9788461775002 Papel • ISBN-13: 9788412228304 Ebook • Depósito Legal: PO 651-2016 • Descargar o Sumário e Índice Analítico [.PDF] • Descargar Capa [.JPG] • Descargar Contra Capa [.JPG]
Fernández Calo, M. (2018). Estado, poder e estruturas políticas na Gallaecia: séculos II a.C.-VIII d.C. Blukk Editora.
Estado, poder e estruturas políticas na Gallaecia de Martín Fernández Calo é unha obra de grande valor polo seu novidoso carácter sintético relativo a un amplo período da história política da Gallaecia (S. II a.C. – VIII d.C.) mais tamén pola sólida visión de conxunto que apresenta a partir dunha potente revisión bibliográfica e de fontes que contribui a enriquecer o coñecemento e o debate sobre a historia da Galiza durante a antiguidade e os primeiros séculos da alta Idade Media.
“Un magnífico ensaio con vocación globalizadora… O coñecemento bibliográfico, o emprego das fontes e a finura da análise deron como froito unha obra dunha madurez infrecuente e insospeitada nun autor que, sen dúbida, está a principiar un brillante percorrido científico”.
— Francisco Calo Lourido, Padroado do Museo do Pobo Galego.
“Este é un libro importante… que propón novidosas interpretacións que avanzan o noso coñecemento da Gallaecia tardo-antiga. Recoméndoo con entusiasmo a todos os interesados nesta época”.
— Alberto Ferreiro, Seattle Pacific University.
“A percepción dos procesos históricos precisa de perspectivas diacrónicas amplas; a historia da Gallaecia antiga estivo marcada nas últimas décadas por unha excesiva compartimentación. Esta tendencia… provocou ocasionalmente unha perda de perspectiva arredor da unicidade intrínseca das estruturas sociais e políticas da Gallaecia… O traballo que Martín Fernández Calo propón recupera unha idea de unidade estrutural imprescindíbel para valorar as transformacións… e entender a conformación da sociedade galega alto-medieval”.
— Pablo C. Díaz, Universidad de Salamanca.